Poucas mulleres á miña idade,
poideron e poden sentirse tan arroupadas,
ver o Amor tan fermoso
nos ollos, nos xestos,
en todo o seu comportamento
de dúas mulleres namoradas.
Ver ó espido a sensibilidade
aspirar o delicado arrecendo da súa fragancia.
Sentir que ós meus setenta e nove anos
non estou soa, que coma min
¡felizmente hai máis tolas!!
Mulleres ceibes.
Mulleres insubmisas.
Mulleres que loitan.
Contra unha sociedade
inxusta e hipócrita.
Luz Fandinho
No hay comentarios:
Publicar un comentario