Camiño Noia edita unha obra que afonda na figura da muller en mitos, lendas e contos.
Lendas en pedra da maternidade, como se titula o artigo asinado por Noia e Navaza, é un dos 17 traballos que se recollen na publicación Imaxes de muller. Representacións da feminidade en mitos, lendas e contos,
unha compilación de estudos cos que afondar na figura da muller nas
diversas tradicións europeas e nos contos folclóricos, “un tema esencial
para poder comprender mellor, mesmo nesta etapa tecnolóxica, os
conflitos humanos, persoais ou colectivos”, subliña a catedrática Camiño
Noia, editora da obra, que explica que o libro reúne boa parte das
intervencións presentadas no VI Encontro do Groupe de Recherche européen
sur Narrative orale (GRENO / ERGON), celebrado entre o 7 e o 10 de
novembro do 2011 en Mondariz Balneario e Santiago de Compostela.19/12/2012, DUVI << VER NOTICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario