A violencia nas parellas estables é un fenómeno moi abordado desde os
diferentes eidos. Sen embargo, apuntan os expertos, tamén existen outras
formas de violencias de xénero, como é a exercida no marco das relación
non estables, coñecida como dating violence, e a agresión
entre iguais no que o sesgo de xénero é importante, como é o caso do
acoso escolar. Para afondar nestes temas, especialmente no caso dos
adolescentes, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense
acollerá do 15 ao 18 de abril as Xornadas Internacionais Amor, Medo e
Poder. Espazos Vitais sen Violencia.
08/04/2013, DUVI >> VER NOTICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario