21 oct 2013

O paraugas que abriga a sexualidade de adolescentes con discapacidade O proxecto Under the Umbrella gañou o certame InnoEvent 2013 en Dinamarca
Unha alumna do Campus participa nunha aplicación informática para traballar sexualidade con adolescentes con discapacidade. “A aplicación naceu o curso pasado, cando estiven en Dinamarca cunha bolsa do Programa Erasmus. Un grupo de estudantes da University College Lillebaelt, tres do eido educativo e tres de enxeñaría informática, deseñamos o proxecto, que chamamos Under the Umbrella, e con el gañamos o concurso InnoEvent 2013 e do seu apartado BISI Project, un certame onde estudantes e empresas colaboran para crear novos e innovadores proxectos dixitais para un futuro mellor”, explica Alba Vázquez, autora da ferramenta xunto a Thomas Eriksen; Lise-Lotte Borg Verbeke; Andrea Cirone; Assue Steve, e Drífa Hrönn Drífu-og Stefánsdóttir.

DUVI, 21/10/2013, VER MAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario