10 ene 2014

Os medios de comunicación son clave para que a violencia machista se perciba como un grave problema social


Os medios de comunicación contribuíron dun xeito decisivo a que a violencia machista abandonase o “ámbito privado para ser considerada un problema de todos”, conclúe Patricia Costa na súa tese de doutoramento O tratamento da violencia machista e a loita pola igualdade na radio pública. Mais a súa investigación, dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Fernando Ramos, tamén lle permitiu constatar que, na actualidade, “a maior parte da poboación xa non identifica a violencia machista como unha das súas principais preocupacións, algo que podería estar estreitamente ligado a un menor esforzo por parte dos medios de comunicación”.
10.1.2014, DUVI>>VER NOTICIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario